Thursday, 23 April 2020

INFANTIL, 1º e 2º - 23/04/2020

Hello, boys and girls! Hoxe tócanos clase de inglés con Froggy!! 🐸
Para ir á videoconferencia... PREME AQUÍ (contrasinal: inglés)



Hoxe, Froggy tráevos algunha das vosas cancións favoritas, pero tamén algún xoguiño para que repasedes os nomes dos xoguetes en inglés! Estades listos? Here we go!! 🏁

Como estás hoxe? Happy?😀Angry?😡 Scared?😱 Sleepy?😴 Canta e logo sinala como estás!


    Imos repasar un pouquiño os nomes dos xoguetes en inglés. Froggy e a teacher vanvos contar un conto sobre o cadeliño Spot. Lémbraste del? Queres ver cantos toys ten? Queres saber cal é o seu favorito? Pasemos xuntos as páxinas! 
    Se non puideche estar á videoconferencia, tamén o podes escoitar e ver aquí: https://www.youtube.com/watch?v=2sBhltl5cts



      O cadeliño Spot e o noso amigo Froggy gardan todos os seus toys nunha caixa ben grande. Vós tamén tedes unha box para os vosos toys? Cantemos todos xuntos "What's in the box?" e a ver que toys nos aparecen! 


      Gustouche a canción? E agora...Acórdaste como se len os TOYS? Proba con este xogo! Pincha no botonciño vermello e escolle o nome! 


      Agora que xa escoitamos a historia, cantamos e xogamos un chisquiño, podedes debuxar o voso toy favorito. What's your favourite toy?